Íntegro e a actividade formativa

Íntegro e a actividade formativa

La Voz de Galicia, Crónicas de la vida. Adolfo López Baña.

Os niveis de desemprego nos últimos años alcanzaron ci-fras moi elevadas na Costa da Morte, e máis aínda se fa-lamos das persoas con diver-sidade funcional. Se ademais estas deman-dantes de emprego activo residen no ám-bito rural, na súa maioría, a posibilidade de inserción laboral redúcese moito, sobre todo, pola escaseza de recursos laborais e formativos da nosa comarca, así como polas grandes distancias a percorrer ós lugares de traballo e centros de formación especializados. Dende Íntegro e Máis Porvir, como centro especial de emprego propio, entendemos a inserción sociolaboral das persoas con discapacidade, como un concepto dinámico, que require de múltiples apoios especiais interrelacionados entre si, que teñen como prioridade lograr un fin: a inserción social e laboral definitiva, ou polo menos estable no tempo. Este proceso require necesariamente á par que sexa integral e inclusivo. Os baixos niveis formativos e de cualificacións están asociados a unha maior taxa de inactividade e desemprego, polo que dende Íntegro dótanse ás persoas con discapacidade de información, asesoramento e formación laboral precisas e de forma continuada para o correcto desempeño das tarefas e funcións propias dun posto de traballo para impulsar a súa inserción ou reinserción laboral nun mercado cada vez máis complexo, esixente e de maior cualificación profesional. Nestes anos realizáronse na asociación Íntegro diversas accións e ciclos formativos, entre os que cabe destacar limpeza de superficies e mobiliario en edificios e locais ou axudante de cociña. Para este ano temos programada a realización de formacións en peón de xardinaría, auxiliar de almacén ou acondicionamento de mobiliario urbano e xardíns, as cales están abertas a todas aquelas persoas interesadas que dispoñan dun certificado de discapacidade. Dende o 2015 traballase un programa específico de asesoramento e intervención con mulleres con diversidade funcional, en colaboración coa Secretaría Xeral deIgualdade. Resaltar que o proxecto Bicos de Amora nace co fin de posibilitar a inserción laboral das persoas con diversidade funcional usuarias do centro ocupacional.