Clausura Envellecemento Activo

Clausura Envellecemento Activo

Coa entrega de diplomas, unha merenda e baile con música en directo rematou o novo programa de envellecemento activo promovido pola Concellería de Servizos Sociais e impartido pola empresa Máis Porvir. Un total de 50 persoas, repartidas entre Malpica e Buño, participaron nunha iniciativa que goza de gran aceptación e que volveu a acadar nas enquisas finais moi boa valoración. A concelleira de Servizos Sociais, Marisol Blanco Gorin, e o primeiro tenente de alcalde, Miguel Fernández, foron os encargados de entregar os diplomas que acreditan a participación e o aproveitamento das distintas actividades.