SERVIZOS

servizos

 

INFORMACIÓN E ASESORAMENTO

Asesoramento sobre os recursos, de carácter público ou privado máis adecuados ás circunstancias da persoa.

  • Información e difusión
  • Recursos e prestacións do sistema de servizos sociais
  • Proxectos de +PORVIR

FORMACIÓN

Formación de calidade que permita que as persoas podan incrementar e mellorar os seus coñecementos.

Areas:

  • Sociosanitaria
  • Medioambiente
  • Xestión
  • Certificación de calidade
  • Prevención e seguridade no traballo

AXUDA NO FOGAR

* E – 6046 / P.001

Atencións de carácter persoal na realización das actividades básicas da vida diaria.

Atencións de carácter persoal para realizar outras actividades da vida diaria:

  • Acompañamento fóra do fogar para acudir a tratamentos ou consultas.
  • Apoio para a realización de xestións necesarias ou urxentes.
  • Atencións nas necesidades de carácter doméstico e da vivenda que incidan e axuden na mellora do contorno das persoas usuarias e da súa familia.

Servizos complementarios:

Podoloxía, fisioterapia, enfermería e logopedia.

ASISTENZA PERSOAL

Servizo de apoio a vida independente e a promoción da autonomía persoal das persoas con diversidade funcional.

O servizo de AP permite ás persoas asumir a responsabilidade plena e o control sobre as súas vidas.

Ofrece solucións personalizadas e posibilita a independencia, a igualdade de oportunidades e a participación social das persoas con diversidade funcional.

COMEDOR

Elaboración e distribución de menús adaptados as necesidades da persoa, deseñados e elaborados por profesionais da nutrición e da restauración.

TRANSPORTE ADAPTADO

Ponse ao servizo das persoas con mobilidade reducida, e de xeito puntual, o servizo de transporte adaptado co que complementar os servizos que se prestan.

AXUDAS TÉCNICAS

Toda clase de instrumentos cos que facilitar a autonomía e a independencia das persoas.

A modo de exemplo:

  • Grúas, cadeiras de rodas manuais e eléctricas, colchón anti éscaras, almofadas, produtos de apoio para o vestido, para o aseo, mobiliario e adaptacións para o fogar e nos ámbitos laborais, formativos, etc.

FISIOTERAPIA

Servizo totalmente personalizado de atención no centro como e no domicilio da persoa usuaria con programas específicos para as diferentes patoloxías:

  • Neurodexenerativas, neurolóxicas, postoperatorias, cardíacas ou de mantemento e prevención.

LOGOPEDIA

Servizo totalmente personalizado para unha atención integral coa que solucionar:

  • Trastornos da voz.
  • Dificultades na articulacións dos sons.
  • Dificultades na fala orixinadas en problemas anatómicos.
  • Trastornos da linguaxe e da articulación
  • Trastornos comunicativos de orixe neurolóxico.
  • Asesoramento e recursos para falar en público, etc.

TERAPIA OCUPACIONAL

Desenvolvemento de programas personalizados cos que manter e mellorar as funcións e destrezas das persoas no seu entorno máis próximo co fin de proporcionar:

  • Estimulación e mantemento cognitivo.
  • Programas de habilidades motoras dirixidos a recuperar a mobilidade e coordinación e fortalecer a musculatura.
  • Programas de actividades da vida diaria: actividades básicas e instrumentais.
  • Programas de orientación psicosocial.
  • Asesoramento á persoas coidadoras.
  • Sesións de psicomotrocidade.

XESTIÓN DE CENTROS

+PORVIR conta cunha base de datos de profesionais con formación e capacitación para desenrolar as tarefas de xestión de:

  • Centros de día e ocupacionais para persoas dependentes.
  • Centros residenciais.
  • Centros sociais.
  • Recepción e conserxería en edificios públicos e privados.

LIMPEZA SINALIZACIÓN VIARIA

  • Limpeza e mantemento de xardíns e zonas verdes.
  • Deseño de xardíns.
  • Pintura e sinalización viaria.

PROXECTOS DE ACCESIBILIDADE

  • Asesoramento e desenvolvemento de proxectos para a accesibilidade universal tanto en espazos públicos como no ámbito privado.